Telecomunicacións

Outros Servizos de Telecomunicacións

En Ibertel completamos a nosa oferta de valor con servizos especializados de soporte técnico, auditoría e xestión integral adaptados ás necesidades específicas de operadores, administracións públicas e industrias. Proporcionamos solucións transversais que abarcan dende o diagnóstico de redes ata a xestión técnica avanzada, asegurando a fiabilidade operativa das infraestruturas ao longo da súa vida útil.
Outros Servizos de Telecomunicacións

As nosas actuacións inclúen:

  1. AUDITORÍAS TÉCNICAS E DE CALIDADE Inspección e avaliación do estado das infraestruturas de rede, sistemas radiantes e elementos estruturais existentes.
  2. MANTEMENTO PREVENTIVO E CORRECTIVO Plans de actuación en campo para a conservación, reparación e atención de incidencias en estacións base e nodos de rede.
  3. MEDICIÓNS E CERTIFICACIÓNS Ensaios de cobertura, medidas de calidade do servizo, análise do espectro radioeléctrico e certificacións de cableado.
  4. CONSULTORÍA TÉCNICA E OFICINA TÉCNICA Asistencia especializada na elaboración de pregos, supervisión de proxectos externos e apoio na toma de decisións estratéxicas de rede.