Ibertel unha vez máis no seu compromiso coa Prevención de Riscos Laborais

18 DE NOVEMBRO DE 2024
Ibertel unha vez máis no seu compromiso coa Prevención de Riscos Laborais

Como parte da formación obrigatoria e baseado no firme compromiso que IBERTEL ten coa prevención de riscos laborais, o noso persoal de campo da Delegación Noroeste de IBERTEL realizou un Curso de Reciclaxe para actualizar a formación obtida con anterioridade no correspondente CURSO de TRABALLOS en ESPACIOS CONFINADOS – TELCO.

Este curso de reciclaxe tiña como obxectivo actualizar os protocolos para o acceso e estancia en espacios confinados, así como os procedementos para a realización dunha evacuación e rescate de urxencia, proporcionar os coñecementos requiridos e estar capacitados para poder prestar servizos en espacios confinados.

Este curso realizouse polo noso persoal nas Instalacións Homologadas para esta formación que a empresa Inaudita ten no Polígono de Espíritu Santo na Provincia da Coruña.